Site icon Crónica3.com A Mariña

Olalla Rodil e Daniel Castro, cabezas de lista da candidatura do BNG ao Parlamento Galego por Lugo, asistiron á manifestación de Burela a prol do futuro na Mariña

 Burela, 22 de xuño, 2020. Olalla Rodil e Daniel Castro, cabezas de lista da candidatura do BNG ao Parlamento Galego por Lugo, asistiron á manifestación convocada polas organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT baixo lema Futuro para A Mariña. O BNG participou nesta manifestación para reivindicar os problemas que a comarca padece, con gran énfases sobre a situación que está ocorrendo na factoria de Alcoa San Cibrao ou a situación na sanidade.

Olalla Rodil declarou: “Hoxe, desde o BNG quixemos sumarnos a toda veciñanza da comarca, polo futuro da comarca. Os problemas da Mariña non son novos, tampouco o problema de Alcoa. Desde o BNG estamos convencidas que a única solución que hai agora a alternativa ao peche é a nacionalización da factoría de aluminio. Pero insisto, isto non é un problema novo, nin é o único que ten a comarca, vémolo perfectamente no desmantelamento da sanidade publica, no desmantelamento deste hospital comarcal e tamén na carencia das infraestruturas. Necesitamos abrir un tempo novo neste país, e desde o BNG cremos xa, que a única solución ao peche da factoría de aluminio en San Cibrao é a nacionalización e a intervención pública de contado, por parte da Xunta de Galiza e o Estado”

Estiveron acompañados polos candidatos Miriam Bermúdez, Andrea Martíns e Diego Fernández e os cargos institucionais do BNG na provincia como a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, o tenente-alcalde de Lugo e candidato, Rubén Arroxo, a vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, concelleiros de Lugo e o deputado provincial Efrén Castro.

Exit mobile version