“Desde o BNG temos unha aposta firme e estratéxica para blindar e garantir recursos suficientes para a universidade pública, que pasa por investir o 1,5 por cento do PIB no noso sistema universitario”, concretou a candidata nacionalista.
Olalla Rodil cualificou á investigación como un “eixo estratéxico para o desenvolvemento económico e a modernización da Galiza”. “O goberno galego con Ana Pontón como presidenta non permitirá a creación dunha universidade privada na Galiza”, afirmou Olalla Rodil, que engadiu “a alternativa do BNG pasa pola gratuidade do ensino superior e a cooperación entre campus en base á especialización e ás fortalezas de cada un deles”. Nesa liña, subliñou a potencialidade do Campus de Lugo, cunha oferta formativa e unha labor de investigación moi ligada co sector agrogandeiro que, remarcou, “precisa transformar os produtos e completar o ciclo produtivo para industrial necesario para transformar os productos e completar o ciclo produtivo”
“Galiza está á cola da Unión Europea en investimento en ciencia e innovación, cun 0.87% doPIB, actualmente estamos por debaixo do investimento do ano 2008” afirmou Olalla Rodil, que comparou estes datos co 2% da media europea ou o 1,82% do País Vasco, territorio que, segundo afirmou a candidata nacionialista, “fixo unha aposta decidida pola investigación e creación de coñecemento”.
Nesa liña, o BNG propón a creación dunha Axencia Galega de Ciencia que agrupe os fondos dedicados ao investimento e que permita definir unha carreira investigadora que permita condicións de traballo dignas e de calidade para as investigadoras, tanto na etapa laboral como na formativa.