Segundo Olalla Rodil, “nos últimos once anos, o goberno do Partido Popular non creou unha soa residencia de maiores de xestión pública directa”. Para Olalla Rodil “é claro o fracaso do modelo do Partido Popular, pois o 98% das mortes por COVID-19 que aconteceron nas residencias de maiores galegas foron en residencias privadas”. Segundo Olalla Rodil, “a atención ás persoas con discapacidade ou á terceira idade non teñen que ser un negocio, o 12 de xullo temos que cambiar este sistema de privatización e mercantilización para garantir a calidade de vida de todas as galegas e galegos”.
Olalla Rodil afirmou que “a partir deste 12 de xullo temos que mudar as políticas de privatización e mercantilización da Xunta de Galiza”. “O cambio de modelo é posíbel este 12 de xullo”, afirmou Olalla Rodil, que chamou a “concentrar o voto no BNG para facer historia e ter por primeira vez unha muller presidenta na Xunta de Galiza”.