Site icon Crónica3.com A Mariña

Roberto Ramallal regresa para facerse cargo do 1º equipo das ED Lourenzá

 Lourenzá, 10 de xuño, 2020. O pasado sábado comprometíase Roberto co presidente para asinar como adestrador do 1º equipo das Escolas. Logo de 4 anos regresa a unha casa que coñece ben coa misión de consolidar ó equipo entre os mellores da categoría, apostando pola filosofía do club, dar continuidade ó traballo de canteira e a proxección dos xóvenes valores.
O adestrador coñece perfectamente a categoría pois ven de dirixir esta tempada pasada ó Riotorto e é un experto dentro do fútbol provincial.
Agora a prioridade do míster e da secretaría técnica dirixida polo noso secretario Óscar Glez. céntrase na renovación da maioría do plantel desta pasada tempada que están bastante avanzadas coa maioría dos xogadores.

Exit mobile version