Neste senso, Villares recorda que “levamos case dous anos reclamando todos os mariñáns, capitaneados polo comité de empresa de Alcoa, a aprobación dun estatuto de empresas hiperelectrointesivas que non chega”, polo que esta concentración o que si que podería ser é unha boa oportunidade para instar aos dirixentes socialistas que acudan a ela “a que amosen dunha vez por todas este documento e que lle esixan ao Goberno do Estado que convoque urxentemente a poxa de interrompibilidade para o segundo semestre do ano, incluíndo os bloques de 90 MW, “que nos devolva así a todos os mariñáns eses 70 millóns de euros anuais que nos quitou nestes dous anos, e que desviou cara outros territorios de España; imposibilitando así que podamos seguir a producir aluminio na nosa zona”.
Todos os mariñáns sabemos que mentres non se aprobe ese estatuto –engade- “mentres non se devolvan eses cartos, o único responsable do peche –que temos que intentar evitar como sexa- é o Goberno central que obviou e segue a obviar as demandas conxuntas da bisbarra”.