É unha forma sinxela e práctica de axudar a reactivar canto antes a economía local, dando as máximas garantías e reforzando a confianza da cidadanía.
Desde Acisa animan “a aqueles negocios de Ribadeo que aínda non se adheriron a esta campaña a que o fagan ao longo dos vindeiros días. É unha iniciativa importante para os asociados e asociadas a nós, que certifica que os seus lugares son seguros para mercar, para comer, para cear, para tomar un vermú, os viños ou un café, etc… Con esta iniciativa queremos reforzar a confianza da cidadanía dicíndolles que non teñan ningún reparo en acudir a un negocio local e que visiten Ribadeo, porque hai motivos dabondo para facelo: paisaxe, monumentos, mar, rutas ou gastronomía”.
Acisa agradece a colaboración e o financiamento da Xunta para realizar esta campaña, que inclúe a edición de guías profesionais. Editáronse 5 modelos diferentes para o comercio, bares e restaurantes, hoteis, perruquerías e sector servizos. Os locais que se sumaron a Ribadeo Seguro xa poden recoller os seus certificados e guías achegándose ás oficinas de Acisa, na rúa San Roque, 57 en horario de 10 a 14 horas de luns a venres.
O material foi presentado esta mañá nas instalacións do hotel O Cabazo, de Ribadeo. Alí estiveron o presidente e o xerente de Acisa, Francisco Iriarte e Jesús Pérez, xunto ao parlamentario autonómico Daniel Vega, e a Juan López, propietario do establecemento hostaleiro.