Trátase dunha nova edición ampliada da campaña que OPP Lugo realizou o pasado ano en colaboración coa rede de Paradores de Turismo de España e segue gardando unha vinculación moi especial coas diferentes rutas do Camiño de Santiago, combinando a gastronomía, a calidad do noso produto pesqueiro e a importancia da Orixe e o Destino Galicia.
No acto, que terá lugar no Salón Real do Hostal dos Reis Católicos, intervirán Sergio López, xerente de OPP Lugo, que presentará esta acción de promoción conxunta con Paradores; Santiago Carrera, director do Parador de Santiago de Compostela; e pechará o acto a Conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana.
Ao finalizar a presentación terá lugar unha degustación gastronómica de
Pescada do Pincho de Burela e Bonito do Norte, que serán os protagonistas desta nova campaña, na que colabora Armadores de Burela.
Esta acción enmárcase dentro das accións de promoción de OPP Lugo
incluídas no seu Plan de Produción e Comercialización anual e contan coa cofinanciación da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo e Marítimo da Pesca.