Graduada pola mesma Faculdade en que actualmente exerce docencia, Ainara Díaz Geada (Nois-Foz, 1992) combinou os estudos do Mestrado en Epidemioloxía e Saúde Pública (2016) co traballo como enfermeira no Hospital Público da Mariña e no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (2014-2019).
Segundo consta na propia tese, nesta investigación avaliánse as desigualdades sociais en materia de saúde entre os estudantado adolescente de Burela: “propuxémonos avaliar o efecto do xénero, a procedencia e as desigualdades en saúde sobre consumo de alcol, tabaco e cannabis; así como coñecer a relación entre o consumo destas substancias psicoactivas e o bullyng co estado de ánimo negativo e afondar nas influencias contextuais nestas condutas, en poboacións con características socioeconómicas e número de habitantes similar, mediante a comparación destas asociacións en adolescentes de Burela fronte aos da Cataluña Central”.
Lembramos que a intervención educativa Modelo Burela tentou tender pontes de comunicación entre escola e centros de saúde a través do documental Saúde e sensibilidade, producido polo IES Perdouro e dirixido e realizado por Matías Nicieza.