Site icon Crónica3.com A Mariña

Aprobada no Pleno provincial unha moción do BNG para reclamar máis medidas e recursos na atención das institucións ás mulleres vítimas de violencia machista

Lugo, 30 de xuño de 2020. O grupo provincial do BNG sacou adiante no pleno deste martes uunha moción que insta ás administracións a mellorar as medidas e recursos para acompañamento, asesoramento e protección das mulleres vítimas de agresións machistas.
A proposta solicita a ampliación do servizo de Oficina de Asistencia ás Vítimas de Delictos Violentos e contra a Liberdade Sexual a todo o territorio, garantindo financiamento, persoal e formación suficiente para desenvolver unha atención integral, especializada e interdisciplinar, ás vítimas de violencia de xénero, e tamén garantir a gratuidade da atención xurídica ás vítimas de violencia sexual por seren vítimas de violencia de xénero e promover un programa específico de formación en materia de violencia sexual para todos os ámbitos profesionais que traballan na prevención e atención da violencia machistas.
Tamén demanda a creación dun xulgado de violencia de xénero para Lugo, con persoal, procedementos e espazos adecuados para evitar a revitimización das mulleres nos procesos xudiciais e mais a reformulación e ampliación da rede de Centros de Información ás Mulleres (CIM), retirándolles competencias alleas ao obxectivo para o que foron creados, e incluíndo a atención ás vítimas de agresións sexuais garantindo financiamento, persoal e formación suficiente así como a ampliación do servizo ás comarcas rurais que carecen deste servizo.
Na súa exposición da moción o voceiro nacionalista Efrén Castro explicou que “cada vez que se xustifica un comentario machista, se achaca a unha mobilización feminista e non a outras a expansión do coronavirus, se admiten comentarios que negan a existencia da violencia machista ou como institucións non somos capaces de dar o apoio e protección que necesitan as mulleres vitimas de agresións machistas, demóstrase que algo está fallando na sociedade”.
O debate tensouse a raíz da intervención do deputado do Partido Popular Francisco Javier Balado quen negou que exista falta de medios, persoal ou formación para atender as vitimas da violencia de xénero, calificando de “absurdas” as demandas incluídas na moción e asegurando que “de todas as materias que se instruén na orde xurisdicional penal, a de violencia machista é a que máis medios acapara”.
Na súa quenda de réplica o voceiro nacionalista manifestou a “súa indignación ante a actitude machista” do deputado e do grupo popular. “Decir que as mulleres que sofren agresións teñen todo o do mundo e están ben protexidas é unha falacia tal que debería darlle vergonza. Falen coas vítimas e cos profesionais e preguntenlles se non hai eivas, preguntenlles ás vitimas se se sinten protexidas. Esta expsoción é indignante para min, para as mulleres e para a sociedade”, zanxou.
Como medida de protesta ante a actitude do grupo popular, o deputado e deputadas do BNG renunciar a seguir intervindo nos debates das mocións que se presentaron a continuación.

Exit mobile version