Site icon Crónica3.com A Mariña

Axentes da Policía Autonómica de Lugo, en colaboración con axentes ambientais do Distrito Forestal VI da Mariña Lucense, esclareceron un incendio forestal rexistrado no lugar de Galdo, concello de Viveiro, o pasado 30 de xuño

O lume produciuse logo de que o investigado realizara varias queimas, en días anteriores. Unha delas quedou mal apagada e produciuse un escape, que provocou o incendio. Afectou a 0,04 hectáreas de superficie rasa. Nas tarefas de control de extinción do lume participou un axente ambiental, dúas brigadas e unha motobomba. Remitiuse atestado ao Xulgado de Instrución de Viveiro (Lugo). No que levamos de ano, foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica 40 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Exit mobile version