
Milleiros de persoas, traballadorxs de Alcoa San Cibrao e Alu Ibérica sumáronse á convocatoria deste venres polo emprego das electrointensivas. A marcha partía dende Monelos e percorría as rúas herculinas ata a delegación do goberno onde estaba previsto que rematara. O ambiente combativo e pacífico viuse truncado pola carga que a policía propinou aos manifestantes ao remate. Traballadorxs defendendo o seu pan, recibidos a paus diante da instancia que debería velar polo seu futuro. Non son delicuentes!, son traballadorxs!. O luns a plantilla está a chamada a secundar unha folga indefinida. A intención da empresa de parar as cubas coa desculpa de buscar un inversor, non convence. A Loita continúa!