Tamén criticaba Cajoto a falta dunha axente que estaba en comisión de servizo noutro concello e que o anterior goberno non foi capaz de sustituir por non existir axentes titulados que desexaran vir a Foz polo período da comisión.
Naquel momento Cajoto calificaba a situación de “alarmante”, e tachaba aos populares de ter “falta total de previsión” tentando buscar rédito político dunha situación de provisionalidade, sabendo que por parte do goberno se estaba traballando en repoñer o antes posible os efectivos.
Pois ben, un ano despois, lonxe de mellorar a situación xubilouse un axente máis e a policía local actualmente so dispón de 5 axentes e un oficial xefe co que conta cun efectivo menos que cando o propio Cajoto tachaba a situación de lamentable.
O PP de Foz pídelle ao Sr Cajoto que o antes posible retome o proceso de sustitución iniciado polo goberno popular que tanto criticou e que recoñeza a dificultade que no seu momento alegou o goberno popular para atopar axentes sustitutos para a nosa localidade.
Dende logo que nos alegramos de que Cajoto sexa mártir das súas propias palabras pero sí que entendemos que isto débelle servir ao alcalde coma unha cura de humildade máis nun ano tremendamente aciago e cheo de meteduras de pata coma a da alerta desmesurada coa que espantou o turismo da mariña fai un par de semanas.