A institución provincial instalará previamente sinalización informativa e habilitará desvíos, co obxectivo de que o corte afecte o mínimo posible aos usuarios desta vía.
Estas obras, nas que a Deputación de Lugo inviste 270.000€, afectan a case 3 quilómetros da estrada, dende o punto quilométrico 0,4 ata o 2,85. As actuacións consisten na ampliación do ancho da plataforma, o que permitirá ter dous carrís de 2,75 metros cada un. Ademais, tamén se están drenando e afirmando as zonas ensanchadas, para posteriormente pavimentalas con aglomerado en quente. Estímase que estes traballos queden rematados a finais do verán, sempre e cando as condicións meteorolóxicas sexan favorables.