
A Mariña, 2 de xullo, 2020. A cabeza de lista do PPdG pola provincia, Elena Candia, abriu a rolda de conversas electorais en Voces de Lugo e A Mariña de RadioVoz de cara ás eleccións autonómicas do 12X. A mindoniense falou dos problemas que preocupan aos lucenses e aí está, loxicamente, Alcoa. Sobre a situación da fábrica, Candia evitou “un partido de tenis” sobre a responsabilidade da situación, e apuntou alternativas para salvar a produción de aluminio na factoría, e con ilo os empregos. Non se opón a unha intervención mais esta, dixo, non ten sentido se previamente non se aproba o reclamado estatuto de electrointensivas que abarate o prezo enerxético, porque se a produción non é rendible, tampouco o sería en mans públicas.
A candidata falou tamén do medio rural e das políticas de activación que o PP ó fronte da Xunta activou para frear o despoboamento.
“Sen esquecer de onde veño”, dou este paso nun novo reto, asegurou a ex voceira popular da Deputación.
Escoita aquí completa a conversa
https://www.ivoox.com/53111371