A iniciativa en Change.org foi paralela ás mobilizacións iniciadas polos traballadores da planta de aluminio afectados polo peche da fábrica, convocando varias manifestacións e outras iniciativas como a carreira simbólica na que se percorreron máis de 1.000 quilómetros en total, un por cada posto de traballo ameazado.
Segundo a creadora da petición o peche da planta “supón o afundimento da economía dunha comarca enteira e doutras empresas dedicadas ao comercio, servizos e outros sectores que forman a actividade económica de toda a zona así como da dos seus traballadores e familias, na súa maioría novas e de mediana idade”.
“O meu pai traballou durante anos alí por iso se o esencial que é o traballo que ofrece a planta para as familias dos arredores”, engade Ana Isabel.