Fran Cajoto explicou que “hoxe o comité clínico da Xunta de Galicia revisaba as medidas que están adoptadas na Mariña, de mobilidade e de control de aforos en locais de hostalería, e son moi boas novas que vaiamos baixando no número de contaxiados día a día, que en Burela se eliminen as restricións de mobilidade e que poidamos ir ao concello veciño e os residentes en Burela poidan vir ao noso con normalidade aínda que cumprindo as medidas axeitadas, como o uso de mascarilla, e tamén é unha moi boa nova que se amplíe o horario para os bares e os restaurantes nunha hora máis pola noite porque era un problema para todo o sector da hostalería pois o servizo de ceas non estaba funcionando. Isto eu concretamente trasladáballo ao conselleiro en todas as reunións desde o día 13 e que se tivera en consideración e se permita ese desafogo a uns locais que o están a pasar mal por mor desta merma de clientes causada pola pandemia, que xa vai remitindo, é unha moi boa nova e témonos que felicitar por iso”.