Site icon Crónica3.com A Mariña

Galicia en Común Anova Mareas suspende o acto previsto este sábado en Viveiro

 Lugo, 2 de xullo de 2020. Por precaución e prudencia, diante das informacions que sinalan un rebrote da covid 19 na zona da Mariña, esta tarde decidimos suspender o noso acto en Ribadeo. Aínda que estamos a realizar unha campaña de proximidade na que procuramos estar ao carón da xente, entendemos que a saúde debe estar por riba de todo.

Queremos mandar o noso apoio ás persoas afectadas neste momento e aos traballadores e traballadoras da sanidade pública da área sanitaria de Lugo, desexando que a Mariña non padeza máis despois do conflito aberto que ten nestes intres na defensa dos postos de traballo da súa industria.

Agardamos poder estar o antes posible nun encontro aberto en Ribadeo para poder explicar as nosas propostas e dialogar coa veciñanza para coñecer de primeira man os seus problemas e preocupacións.

Do mesmo xeito, queda suspendido o acto previsto este sábado e Viveiro e cancelamos as nosas previsións na provincia de Lugo para a xornada de mañá venres con sendas xuntanzas en Mondoñedo e Barreiras.

Exit mobile version