Site icon Crónica3.com A Mariña

Galicia en Común comprometese a poñer fin aos once anos de confinamento do rural galego

 Os Peares, 1 de xullo. Os candidatos de Galicia en Común-Anova Mareas por Ourense e Lugo, David Bruzos e Miguel Anxo Fernán Vello, mantiveron hoxe un encontro de traballo en Os Peares, para avaliar a situación das súas respectivas provincias e compartir propostas para as problemáticas que afectan aos respectivos territorios.

Ambos coincidiron na urxencia de poñer fin aos once anos de confinamento a Galicia rural imposta pola forza polos once anos de Gobernos do PP de Núñez Feijóo, ailllada da dixitalización e mal comunicada nas infraestruturas, e a frear as dinámicas que están despoboando as zonas do interior, así como a necesidade de impulsar políticas activas que dinamicen o sector produtivo e económico.

“Feijóo só se lembra dos Peares unha vez cada catro anos para iniciar aquí as súas campaña. Non ten vergoña de vir a onde non fixo”, manifestaron .

O candidato por Ourense, David Bruzos, referiuse ao “simbolismo” que a vila de Os Peares ten no tocante ao abandono ao que as políticas do Partido Popular condenaron ás provincias de Lugo e Ourense.

“Os Peares constitúe un claro exemplo de carencia de insfraestruturas e servizos públicos. Coas políticas levadas a cabo ata o de agora é imposible frear o despoboamente e poñer en valor a riqueza das nosas provincias”, destacou Bruzos.

Pola súa banda, o candidato por Lugo, incidiu no “desleixo e falta de dotación de recursos e servizos esenciais no sector sanitario e educativo. Isto reflíctese na emigración das xeracións máis novas e máis preparadas, que non atopan saídas laborais nas súas poboacións e comarcas de orixe”, subliñou Fernán Vello.

En relación á situación socioeconómica da provincia Bruzos referiuse ao feito de que “ aínda sendo a vila natal de Feijoo, Os Peares non se salvou do proceso de esmorecemento ao que se está vendo abocado o rural galego”.

“Estamos nunha zona privilexiada a nivel de recursos, contamos cunha tremenda riqueza esquecida que desde Galicia en Común utilizaremos para fixar poboación ao territorio e, ao mesmo tempo, garantir unha vida digna e plena aos habitantes das zonas do interior.”

Neste mesmo sentido, o candidato por Lugo aludiu á importancia de “fomentar o acceso ás novas tecnoloxías, reforzar a produción local e activar todos os resortes do comercio local e de proximidade”. “ O abandono destas provincias non só é a nivel ecónomico, senón tamén humano”, destacou Fernán Vello.

Exit mobile version