Site icon Crónica3.com A Mariña

Isabel Rodríguez reitera o firme apoio do Goberno aos traballadores de Alcoa

 Lugo, 24 de xullo de 2020. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, reiterou hoxe o apoio do Goberno aos traballadores de Alcoa e o seu compromiso na busca dunha solución que permita o mantemento dos empregos ameazados pola multinacional.

A subdelegada lembrou que o Goberno sempre estivo do lado dos traballadores e recibiu a unha representación do comité de empresa que realizaron unha acción de protesta esta mañá na Subdelegación aos que trasladou o absoluto compromiso do Goberno na busca dunha solución que permita o mantemento dos postos de traballo na fábrica de San Cibrao.

Froito dese firme compromiso do Goberno, Isabel Rodríguez lembrou que se están a dar avances na busca dun proxecto de inversión solvente para Alcoa, como saben os sindicatos e como anunciou esta semana no Congreso a ministra de Industria, e logrouse a prórroga do ERE anunciado pola empresa.

A subdelegada recordou que o Goberno ten sempre as portas abertas aos traballadores de Alcoa e nunca tivo problema en reunirse cos seus representantes para buscar conxuntamente unha solución que evite o peche da planta anunciada pola multinacional.

Atendendo a petición do comité, a Mesa multisectorial de Alcoa reunirase por videoconferencia a semana que vén.

Exit mobile version