Site icon Crónica3.com A Mariña

Ledicia estará presente este sábado no acto do Barco Museo para homenaxear ao bonito, á xente do mar e a todxs os colaboradorxs destes anos na organización da Feira

 Burela, 31 de xullo, 2020. Nesta fin de semana tan singular, dende a Sociedade Cultural Ledicia queremos agradecer as mostras de cariño e apoio recibidas ante a “non celebración” da Feira do Bonito.
Amig@s e veciñ@s traballando desinteresadamente, coa colaboración de entidades públicas e privadas, conquerimos que a Feira do Bonito sexa un dos grandes eventos do verán da Mariña de Lugo, que cumplía 35 anos en 2019 cun recoñecemento moi especial.
Como xa se comunicou dende o Concello de Burela, este sábado 1 de agosto lembraremos a Feira e o mundo da pesca cun dos actos que tería lugar ese día: o izado da bandeira azul do barco-museo Reina del Carmen, que ADEAC lle otorga en recoñecemento ao seu labor como elemento didáctico e divulgador da historia mariñeira de Burela.
Ademais, dende hai uns días, na fachada da biblioteca municipal están expostas as reprodduccions en gran formato de varios dos carteis da Feira: o da primeira edición (1983 – Lucio Palacios) e un por cada cinco anos cumplidos.
Por outra parte, estamos aproveitando a visibilidade que nos ofrecen as novas tecnoloxías con publicacións nas redes sociales: lembranzas dos traballos previos, fotos, publicación de receitas (que poden resultar premiadas) e nos próximos días faremos un percorrido pola cartelería da Feira que terá como fio condutor a data de celebración, que como sabedes é o primeiro sábado de agosto pero pode variar de día 1 a dia 7 segundo o calendario.
Este ano non hai Feira do Bonito, pero tal e como nos recorda a FCAM, o bonito está moi presente na oferta da hostalería de Burela e da Mariña; polo tanto, dende Ledicia animamos á veciñanza e visitantes a que -cumplindo en todo momento coa normativa sanitaria- consumamos bonito fresco, pois non hai dúbida que “o príncipe azul é o rei do verán”
Rocío Rivera Seara, en representación de S.C.R. Ledicia

Exit mobile version