DEMANDAN AO SERGAS A COBERTURA INMEDIATA DO SERVIZO PEDIATRICO E ANUNCIAN A ROTUNDA NEGATIVA A AMORTIZACION DA PRAZA EXISTENTE
Os concelleiros nacionalistas, Diego Fernández e Xorxe Caldeiro, forzaron o debate da iniciativa mediante a presentación dunha moción pola vía da urxencia, á vista da crecente preocupación social pola falta deste servizo que a Xunta de Galiza do PP continúa sen resolver.
Diego Fernández e Xorxe Caldeiro lograron o acordo da Corporación Cervense para “instar á Xunta de Galiza a cubrir de maneira urxente a praza pediátrica durante o tempo de baixa da titular”, así como, “ante a posibilidade de baixa definitiva da pediatra con praza no Centro de Saúde de San Cibrao, instase a cubrir esta baixa con outra facultativa coa mesma titulación, e que en ningún caso se amortice a praza existente na actualidade.”
ESTAMOS ANTE UN TEMA MOI SENSIBEL NO QUE ESGOTAREMOS TODALAS VIAS AO ALCANCE PARA SOLUCIONALO.
Diego Fernández e Xorxe Caldeiro anunciaron que “este e un primeiro paso para reclamar a cobertura deste servizo sanitario, e non descartan acudir a outras vías no caso de que o problema siga sen solucionarse, xa sexa mediante mais iniciativas institucionais ou chamando a mobilización social.”