Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz pide implantar o servizo de Enfermería Escolar

 Foz, 29 de xullo, 2020. Para o BNG de Foz o bo funcionamento dun sistema educativo non só pasa polo desenvolvemento das habilidades e competencias do alumno. Tamén a prestación dos servizos que atendan as súas necesidades, nunha etapa clave do seu crecemento. Para iso, a figura do enfermeiro ou enfermeira escolar xoga un papel relevante, sobre todo, para os nenos e mozos con problemas de saúde. O sistema educativo enfróntase a problemas difíciles de abordar sen a axuda dos profesionais da saúde. Antes da pandemia da Covid era importante implantar o servizo de Enfermería Escolar por que estes profesionais poden entre outros dar unha resposta rápida e urxente aos problemas de saúde escolar; contribuir a educar para a saúde, é dicir, ofrecer información sobre os problemas ou sobre os perigos de certas condutas e fomentan actitudes críticas, autónomas e solidarias no alumnado, pais e docentes. En definitiva, contribúen a analizar os problemas, acceder á información adecuada, reflexionar sobre os valores que leva implícita cada acción, asumir responsabilidades e aprender a tomar decisións. Estes profesionais dentro do centro educativo teñen a responsabilidade de proporcionar os coidados propios da súa competencia aos alumnos de modo directo, integral ou individualizado.
A nivel autonómico e lamentable a actitude do PP que en febreiro de 2020 con notable falla de previsión e evidente ausencia de miras, rexeitou a tramitación dunha PNL no Parlamento galego para que se regulase esta figura nos centros educativos. Unha PNL avaliada por 32.821 sinaturas para o Recoñecemento e Regulación da Figura da Enfermería Escolar en Galicia que contaba cos apoios de numerosos colectivos e asociacións autonómicas: Federación Galega de Diabetes, Unión Galega de Epilepsia, Federación Autismo Galicia, Asociación de Déficit de Atención Hiperactividade e Necesidades específicas de apoio educativo, Asociación Bicos de Papel, Asociacións de Nais e Pais. Despois veu a Covid e a presentación dun protocolo inaceptable para os centros escolares. Pouco mais que engadir a utilidade evidente e actual desta figura nos centos de ensino. Agardamos que o PP recapacite e tome en consideración unha nova proposta, como se ve moi necesaria. Por esta razón o BNG de Foz considera que é o momento de que o Concello se sume a esta demanda que apoia colectivos sanitarios e pais de alumnos, po lo que solicitará o apoio do pleno o vindeiro 29 de xullo.

Exit mobile version