No antigo Casino, tamén existe material para a práctica de actividades náuticas como embarcacións de vela lixeira, entre eles numerosos Optimist e 470 en estado de abandono e descoido, fácilmente recuperábeis podendo servir para pór en marcha unha Escola municipal de vela e o aluguer destas embarcacións á veciñanza de Viveiro.
Polo exposto, rogamos que o Concelleiro de Deportes informe á veciñanza sobre a titularidade das citadas pistas e embarcacións, realizando as xestións necesarias para a cesión do seu uso e aproveitamento para a veciñanza no caso de non ser xa de propiedade municipal, así como tamén informe das medidas e inversións previstas para a restauración do seu uso.