Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG defende un Viveiro ciclábel

 Viveiro, 2 de xullo, 2020. O BNG de Viveiro presentara á veciñanza xa hai un mes a súa moción para un Viveiro ciclábel, dando a coñecer a súa moción as asociacións, colectivos e partidos políticos do Concello de Viveiro, tanto presencialmente como a través do seus correos electrónicos, prensa dixital e escrita, como a través das redes sociais do BNG de Viveiro. Míriam Bermúdez: “ningunha asociación se mostrou en contra da moción, todo o contrario, varias fixéronnos as súas aportacións que fomos engadindo a esta moción”, afirma a concelleira do BNG en Viveiro. Por outra parte, “tamén lla entregamos a todos os partidos da corporación municipal para que nos fixeran as súas aportacións e modificacións, mais ningún partido quixo trasladar as súas inquedanzas nin participar nesta moción, polo que no BNG queremos entender que estarán a favor de todos os puntos, pois son básicos e necesarios. Verémolo no pleno”.

O que pedimos nesta moción é o mínimo para comezar unha nova etapa en Viveiro, a cal inclúe un punto para crear unha Comisión de estudo e seguemento, co fin de comezar e seguir co tempo ampliando os viais de preferencia ciclista coa creación de carrisbici ao longo de todo o concello. Permitindo a participación nesta Comisión aos membros das asociacións interesadas (veciñais, deportivas…) do municipio así como a un membro de cada partido politico. “O que pretendemos con esta Comisión é ir mellorando o rol da bicicleta en Viveiro, pois no BNG temos claro que é o camiño a seguir”, afirma Bermúdez, que di que “nesta comisión poderánse concretar tempos, datos económicos e investimentos, incluíndo como non, crear un sistema de alugueiro de bicicletas municipal, que é unha medida que facilita moitísimo o uso deste medio e que avanza con éxitos en todos os lugares no que o implementaron”.

Míriam Bermúdez remata dicindo que “son propostas que o que teñen de ambiciosas téñenno de básicas e necesarias, calquer persoa que viaxara un mínimo puido constatar como todas as cidades que realmente avanzan, están a apostar por este tipo de mobilidade que só trae beneficios.”

Exit mobile version