
O BNG sumouse á concentración convocada polos traballadores de Alcoa diante da sede da Xunta de Galiza en Santiago de Compostela. A candidata a presidencia Ana Pontón e mais a candidata por Lugo Olalla Rodil, acompañada por alcaldesas, edís e militantes do BNG na comarca da Mariña e mais do deputado provincial Efrén Castro, apoiaron ás demandas dos obreiros en San Caetano