Site icon Crónica3.com A Mariña

O candidato de Cs pola provincia de Lugo, José Ángel Gómez, ve necesario prestar apoio aos familiares coidadores dos dependentes e comprometeuse a crear centros de referencia familiar no rural

 Lugo, 2 de xullo de 2020. O candidato de Cs pola provincia de Lugo, José Ángel Gómez, reuniuse este xoves cos responsables da Asociación de familiares de enfermos de alzheimer e outras demencias neurodexenerativas de Lugo para coñecer de primeira man as novas necesidades do colectivo tras o duro traballo de acción social levado a cabo durante o estado de alarma como consecuencia da pandemia de Covid-19. Tras o encontro Gómez reafirmou o compromiso de Cs co tecido asociativo, comprometeuse a incrementar o número de prazas para dependentes na comunidade e impulsar a creación de novas residencias públicas para maiores ata cumprir o cociente establecido pola OMS.

«Otorgaremos una financiación adecuada a las asociaciones sin ánimo de lucro que prestan su apoyo a los familiares-cuidadores de personas dependientes. La labor de las asociaciones de familiares es fundamental en el sistema de atención social porque proporcionan formación y ayuda a los cuidadores no profesionales», señaló Gómez. «Los técnicos insisten en que, hoy por hoy, la familia es donde se dispensa la principal atención primaria a los enfermos dependientes. Por ello es necesario proporcionar atención psicológica para cuidadores no profesionales de enfermos dependientes y nos comprometemos a poner en marcha un plan de formación específica para los del entorno familiar» dixo.

Máis residencias e mellor atención no rural
Gómez considera que o número de residencias da nosa comunidade é escaso e o bono implementado pola Xunta, insuficiente. «Non o dicimos nós, sinálano tanto familias afectadas como os colectivos de acción social, apuntou. «Crearemos residencias de maiores ata cumprir coa cociente de 5 prazas por cada 1000 maiores de 65 anos que establece a OMS», avanzou.

«Nuestra intención es impulsar un incremento del número de plazas en los centros para personas dependientes, así como la inversión en sus equipamientos» sinalou o candidato, quen considera necesario garantir a igualdade entre todos os cidadáns en situación de dependencia. Para iso Gómez aposta por poñer en marcha plans específicos de desenvolvemento rural inclusivo e crear Centros de Referencia Familiar a nivel rural para garantir a plena inclusión das persoas con discapacidade respectando as particularidades do noso territorio.

Exit mobile version