Establecementos da vila ofrecerán interesantes descontos durante esas tres xornadas nas que exporán os seus artigos nas rúas da vila. As ofertas abarcarán todo tipo de produtos e servizos ofrecidos polos distintos locais adheridos a esta iniciativa.
O presidente de CCA/ACIA Foz, José Carlos Paleo, sinala que “pouco a pouco temos que ir recuperando as actividades na nosa vila, con precaución e seguindo todos os protocolos de seguridade. De aí que a vindeira semana contaremos cunha nova edición do noso Comercio na Rúa, unha cita clásica dos veráns en Foz”.
Paleo engade que “será un bo momento para facerse con prendas e produtos de temporada a prezos moi interesantes. Convidamos á xente a pasear polas nosas rúas, a mercar no comercio local e a gozar das terrazas da nosa hostalería, respectando o distanciamento social e as medidas de hixiene”.
Colaboran con esta campaña, organizada polo CCA de Foz: o Concello de Foz e a Xunta de Galicia.