Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo reestrutura o tráfico na zona da Veiga para mellorar a seguridade

 Cervo, 15 de xullo de 2020. O Concello de Cervo está a realizar estes días unha reestruturación do tráfico rodado na zona da Veiga co obxectivo de mellorar a seguridade dos condutores e dos peóns.
Deste xeito, a rúa Asturias pasará a ser de sentido único, a rúa Concepción Arenal, a rúa das Areas e a rúa do Farillón cambia de sentido; ademais a rúa Rosalía de Castro tamén se viu afectada cun cambio de sentido parcial da circulación.
A edil de Policía Local, Mali Méndez, supervisou os traballos de sinalización vertical e horizontal que se realizan na zona, e fixo unha recomendación á veciñanza para que circulen con precaución atendendo á nova sinalización que xa entrou en vigor; máxime nestes momentos nos que todos nos temos que ir adaptando pouco a pouco aos cambios.
Ademais tamén se habilitaron dúas novas prazas de estacionamento para persoas con discapacidade na Rúa Concepción Arenal, na que tamén se cambiou o sentido dos aparcadoiros para mellorar a seguridade dos peóns.
Desde o Concello de Cervo agradecen a comprensión da veciñanza ante as molestias que poden causar estes días os traballos que se están a realizar, e precisan que con estes cambios tanto a seguridade na zona como a visibilidade nalgunhas interseccións se verá notablemente reforzada.

Exit mobile version