
Mondoñedo, 16 de xullo de 2020. Hoxe celebrouse virtualmente unha nova edición (a quinta) do Espazo Coworking da Mariña Lucense, que impulsan a Escuela de Organización Industrial (EOI) e a Xunta de Galicia. Esta iniciativa é un espazo de traballo destinado a emprendedores innovadores, deseñado para aumentar as probabilidades de éxito de proxectos en fase temperá de desenvolvemento. O seu obxectivo é lograr que os emprendedores, en pouco tempo, poidan poñer en marcha os seus proxectos. Trátase dun nodo do ecosistema emprendedor impulsado por EOI, con acceso a networking, formación e oportunidades de investimento. O Concello de Mondoñedo agradece aos promotores desta iniciativa esta nova edición.
Nesta iniciativa poideron participar emprendedores innovadores con proxectos empresariais en fase temperá de desenvolvemento, que creasen a empresa recentemente (máximo 6 meses antes de incorporarse ao espazo). Nesta ocasión participaron Aldeadepapel, Sanlucastour, D´Marco, A Coqueta, Sol Yoga Pilates, Libeliñas, Lucir Lavandería, La botica del Abuelo, By Hortensia, Cativa Creativa, Aldea a Panturreira, Nexo y Tazas con Mensaje.
Desde o Concello mindoniense destacan que para o desenvolvemento económico é clave o apoio aos emprendedores, así como a captación de talento e o apoio ao mesmo, que son os obxectivos que se perseguen con Espazo Coworking.