Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro aproba as bases reguladoras das axudas de 400.000 euros para reactivar a actividade económica local

 Viveiro, 10 de xullo de 2020. O Concello de Viveiro, na Xunta de Goberno Local desta semana, aprobou nos prazos previstos as bases reguladoras das axudas para o impulso da actividade económica de Viveiro, co obxectivo de paliar os efectos da Covid-19.

Trátase dunha liña de axudas para autónomos, microempresas, pequenas empresas, comunidades de bens, sociedades civís ou entidades económicas empresariais sen personalidade xurídica, obrigados a suspender a actividade pola pandamia segundo RD 463/2020 coas modificacións introducidas polo RD 465/2020, de 17 de marzo, e as ordes de desenvolvemento dos mesmos.

Estas axudas, ás que se destinan 400.000 euros, cun importe de 850 € por cada beneficiario, forman parte do Plan de reactivación económica acordado con Por Viveiro, por un importe total de 500.000 euros.

Tras a aprobación destas bases, estanse a realizar os trámites necesarios para a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, a través da Base de Datos Nacional de Subvencións, segundo o disposto na Lei Xeral de Subvencións.

Tras a súa publicación no BOP, que se prevé que poida ser en breve, abrirase o prazo de 1 mes para a presentación de solicitudes; dende o Concello de Viveiro dárase a difusión e información correspondente, no momento no que se inicie este prazo, para que todas as persoas interesadas poidan solicitar esta axuda.

Exit mobile version