Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro aprobará a próxima semana as bases reguladoras das axudas para reactivar a economía local

 Viveiro, 2 de xullo de 2020. O Concello de Viveiro informa de que no día de hoxe entrou un vigor o Orzamento Xeral para o ano 2020, aprobado inicialmente polo pleno da Corporación en sesión ordinaria do 2 de xuño de 2020, tras estar exposto ao público por un prazo de 15 días hábiles e quedar definitivamente aprobado ao non haber reclamacións contra o acordo de aprobación inicial.

Na Xunta de Goberno Local da vindeira semana, que se celebrará o mércores, aprobaranse as bases reguladoras de axudas para o impulso da actividade económica en Viveiro para paliar os efectos do COVID-19, e da liña de axudas para autónomos, microempresas, pequenas empresas, comunidades de bens, sociedades civís ou entidades económicas empresariais sen personalidade xurídica, obrigadas a suspender a actividade segundo RD 463/2020 coas modificacións introducidas polo RD 465/2020, de 17 de marzo e as ordes de desenvolvemento dos mesmos.

Estas axudas corresponden ao acordo asinado en data 4 de maio entre o goberno municipal e Por Viveiro para o plan de reactivación económica tras a crise sanitaria e económica derivada do COVID-19, por un importe total de 500.000 euros e un axuda a cada beneficiario de 850 €.

Tras a aprobación destas bases, procederase a súa publicación e demais trámites necesarios previos á apertura do prazo para a presentación de solicitudes, do que se informará e dará a difusión correspondente.

Exit mobile version