Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro informa a todos os veciños e veciñas de Viveiro que o período de pago voluntario do IBI comezou este mércores e durará ata o 1 de setembro

A domiciliación implicará o seu fraccionamento en tres periodos, sen recargo, de xeito que o primeiro cargo se realizará o 5 de xullo; o segundo, o 5 de setembro; e o terceiro, o 5 de novembro. En cada un deste fraccionamentos procederase ao cobro do 33,33 % do importe do recibo. En anos anteriores, o fraccionamento para os recibos domiciliados realizábase en dous pagos, que se pasaban ao cobro en xullo e outubro. Neste exercicio, estableceuse o seu fraccionamento en tres, como medida de flexibilidade para a protección familiar e empresarial, co fin de facilitar o seu pago atendendo ás consecuencias derivadas da crise provocada pola pandemia.

Exit mobile version