O prazo para a presentación de solicitudes comezou o xoves 23 de xullo e prolongarase ata o vindeiro 23 de agosto de 2020. Nestes tres días, presentáronse as citadas 294 solicitudes, unha cifra importante que vén a avalar este Plan de reactivación económica posto en marcha polo Concello de Viveiro, en virtude do acordo asinado entre o goberno municipal e o grupo Por Viveiro, co obxectivo de minimizar o impacto social e económico provocado pola pandemia do COVID-9.
Dende o goberno local valórase positivamente a gran cantidade de solicitudes presentadas e lémbrase que estas axudas, ás que se destinan un total de 400.000 euros, establecen un importe de 850 € por cada beneficiario.