A primeira das reunións celebrarase o próximo luns, día 3, na parroquia de Couboeira. Será ás 20.30 horas, diante da igrexa.
En total están programadas trece reunións nas distintas parroquias do municipio. O obxectivo do grupo de goberno (PP) do Concello é coñecer cales son as prioridades dos veciños. O feito de que estas reunións se celebren nesta época débese a que así o goberno local dispón desta información fundamental para elaborar o presuposto municipal para o próximo exercicio económico; pode así programar as partidas correspondentes ás obras a executar ou aos servizos a mellorar.