Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Municipal Popular afirma que Llano se ve obrigado a rectificar e a volver á senda da legalidade

 Burela, a 17 de xullo de 2020. O Grupo Municipal Popular (GMP) indica que o alcalde da localidade se ve obrigado a rectificar e a volver á senda da legalidade no referente ao orzamento do presente ano. Todo elo grazas á reclamación presentada polos populares que xa apercibiran no pasado pleno a situación irregular. “O Sr. Llano, que xa leva uns trece anos na primeira liña da política local, con cando menos oito orzamentos presentados, xa debería de saber que un dos documentos clave e obrigatorios para a tramitación do orzamento anual é a memoria explicativa de alcaldía”, indican.
E seguen, “ao non tela presentada en tempo e forma desvirtuou o debate do orzamento do pasado 4 de xuño, limitando a acción fiscalizadora dos grupos da oposición, entrándonos a dúbida de por que o fixo”. Neste senso, pregúntanse, “foi intencionado ou foi unnha mostra máis da súa total incapacidade organizativa e xestora?”.
O grupo socialista sacou para diante o orzamento “máis represivo” dos últimos anos, no que se reducen en máis de 130.000 euros as axudas directas e os investimentos reais en obras, e se incrementan en máis de 140.000 euros as partidas dedicadas a taxas e a impostos. “Cun orzamento coma o que se aprobou, no que se está tan limitado en investimentos reais e en subvencións, a lectura é clara, a marxe de manobra nos vindeiros anos vai a ser moi limitada. E iso debido, en boa parte, ao incremento desmesurado do prezo do contrato do servizo de recollida do lixo e limpeza viaria”, advirten dende o GMP.

Exit mobile version