Castiñeira sinala: “O presidente Tomé foise pola ramas e eludiu dar unha resposta aclara á pregunta concreta que lle fixo o PP, na que, en síntese, se pedía a lista detallada dos concellos nos que operou no que vai de ano algún dos equipos. Tomé limitouse a nomear concellos de distinto color político nos que traballou o Parque Móbil; non dubidamos de que haxa concellos do PP nos que operase a maquinaria provincial, o que si dubidamos é de que haxa un reparto xusto, porque non existe unha organización rigorosa, nin por orden de solicitude nin en función das necesidades”.
O portavoz popular ten claro que o Parque Móbil “se está dirixindo por vontade política e son os concellos gobernados polo PP os que en menor medida dispoñen da maquinaria provincial, algúns deles levan moitos anos sen poder contar con ela; pola contra, en algúns concellos que non están gobernados polo PP as máquinas levan traballando case de maneira continuada”. Castiñeira opina que “unha vez máis móstrase o dobre raseiro e a incoherencia coa que operan socialistas e nacionalistas, que actúan de maneira diferente segundo estean no goberno ou na oposición”. Engade: “Ou peor aínda: día si e día tamén pretenden darnos leccións de moral, de xustiza e de bo facer cando gobernan, cando, en realidade, fan absolutamente o contrario do que din. Na oposición piden municipalizacións e cando gobernan fan todo o contrario. Un caso claro e a Deputación de Lugo coas concesións, contratacións e prórrogas que está a facer, como o servizo de catamaráns ou o de mantemento das zonas verdes, que tantos problemas está dando”.