O equipo sénior masculino voltará a competir na Terceira División Nacional de fútbol sala, mentras que o feminino participará, novamente, na Primeira Feminina de Lugo. Así mesmo mantérase o equipo mixto de atletismo.
O compromiso e vontade de continuar dos e das integrantes de cada unha das escadras resultou decisivo para acadar a decisión final. E, a pesares das dificultades que se prevén no futuro máis próximo, a directiva mostrouse confiada en poder acometer ambos plans competicionais con garantías.
Nas próximas datas daranse a coñecer as configuracións das escadras que se porán en competición, así como os seus corpos técnicos.