Para José Carlos Paleo “esta é unha moi boa nova, pola que todos estábamos a agardar. Hai que darse conta que estamos a mediados de xullo e que é moi importante para a reactivación do turismo e da economía na nosa comarca”.
O presidente da FCAM lembra que “a vida seguiu e segue e temos que estar acostumados a convivir con esta crise sanitaria. Hai que protexerse, hai que respectar as normativas, pero hai que disfrutar de todo o que temos ao noso carón: das praias, da paisaxe, da gastronomía… De todo podemos gozar si o facemos de xeito cívico e ordenado. Temos o verán por diante para aproveitalo”.
Paleo engade que “na FCAM estamos a traballar para a posta en marcha de diversas iniciativas ao longo das vindeiras semanas, co obxectivo de que a xente acuda aos bares, aos restaurantes, ao comercio… igual que o faciamos antes, pero cumprindo coas medidas de seguridade vixentes”.