Site icon Crónica3.com A Mariña

O restaurante San Miguel, de Ribadeo, decidiu pechar temporalmente este venres, ao ter coñecemento de que un axudante de cociña que traballou un día no establecemento, concretamente este mércores día 1, deu positivo en coronavirus

Nada máis decatarse do resultado da proba de COVID-19 do traballador, os propietarios do restaurante decidiron pechar inmediatamente e puxeron o feito en coñecemento das autoridades sanitarias da Xunta de Galicia.
O restaurante San Miguel estará pechado durante polo menos 14 días para garantir a seguridade dos seus traballadores e dos seus clientes.

Exit mobile version