Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Ribadeo piden recuperar o emprazamento orixinal do mercado semanal

 Ribaadeo, 3 de xullo, 2020. O grupo municipal socialista presentou o pasado 5 de xuño unha moción instando o goberno local a que recupere a ubicación orixinal na que se celebraba habitualmente o mercado dos mercores. Tratase de volver a ubicar o mercado xunto a Praza de Abastos. Os socialistas propoñen que os postos de alimentación, roupa,.. sigan ubicándose onde estaban, eso sí mantendo a distancia mínima de seguridade de 1,5m e propón ó goberno local que o mercado se estire polas rúas Reinante, Ramón González e Avenida de Asturias, para que así se sigan cumprindo debidamente as medidas sanitarias ou ben, que o mercado se divida en dúas ubicacións diferenciadas (propón ó Concello que habilite unha zona para os postos de roupa, accesorios este desdobramento,…), xerando así dinamismo entre diferentes zonas do casco urbán.
A portavoz socialista, Marta Rey remarcou : “ Despois de que o pequeno comercio estivera meses pechado, por mor da crise sanitaria do COVID-19, agora máis que nunca é momento de apoialo e tirar por eles. Sufriron un duro golpe durante estes meses nos que o país estivo prácticamente paralizado, por eso creemos que recuperar a ubicación orixinal do mercado semanal, pode axudarlles a empezar a recuperar esa normalidade tan desexada. A solución alternativa de emprazalo no aparcadoiro municipal perxudica gravemente ós postos da Praza de Abastos e o comercio de proximidade da nosa vila, ademáis de xerar unha perda importante de prazas de aparcamento, problema que xa ven de atrás e que se ve acentuado na época estival” Tamén puntualizou: “ Que despois de que o sector servicios sufrirá un golpe tan duro, nos estamos aquí para axudar ós/ás veciños e veciñas de Ribadeo, non para criticar sen dar solucións alternativas ou para buscar titulares de prensa, que é ó que se dedican outros partidos políticos”.

Exit mobile version