Site icon Crónica3.com A Mariña

Reanúdase o ciclo de conferencias 800º aniversario da Catedral de Mondoñedo

 Mondoñedo, 2 de xullo, 2020. Este venres retómase o ciclo de conferencias que a Diocese de Mondoñedo-Ferrol organiza con motivo dos 800 anos de historia da Catedral de Mondoñedo e que, por causa da pandemia, quedaba suspendido o pasado mes de marzo. A igrexa de Santa Marta de Ortigueira acollerá, para un máximo de setenta persoas, a conferencia a cargo de Dª. Branca Besteiro García, restauradora do Museo Provincial de Lugo. O relatorio versará sobre “As pinturas murais das catedrais de Mondoñedo. Descuberta e restauración”. Dará comezo ás 20:00 horas. En representación do Bispado, estarán presentes en Ortigueira o vigairo xeral, D. Antonio Rodríguez Basanta, e D. Ramón Otero Couso, como organizador dos eventos do 800º aniversario. Dadas as actuais circunstancias, entre as medidas de prevención (ademais do aforo limitado) dispoñerase de xel hidroalcohólico á entrada, como tamén de alfombrilla de desinfección; mantense o uso obligatorio de mascarilla para os asistentes ao acto e haberá dous voluntarios á entrada para dar as debidas indicacións.

Exit mobile version