Site icon Crónica3.com A Mariña

Ruta de sendeirismo por Bares

Dentro das actividades de natureza organizadas polo Concello de O
Vicedo, e que inclúen rutas tanto no municipio como na comarca, o domingo 19 de xullo orgánizase unha ruta de sendeirismo de 12 km entre Bares, O Barqueiro e regreso a Bares. Debido ás limitacións actuais, a ruta está limitada a 20 prazas. Nesta ruta verase toda a ría, a Estaca de Bares, a Garita de Bares, unha fermosa vista sobre a praia de Esteiro e a Costa de Loiba e regreso á zona da Vila de Bares. A ruta é gratuita. Para poder inscribirse nas actividades, é obrigatorio anotarse no 982590195.

Exit mobile version