Site icon Crónica3.com A Mariña

Ruta de sendeirismo por O Vicedo (12 km)

Continúan as actividades de natureza no Vicedo, esta vez cunha ruta de
sendeirismo que percorrerá os arredores do pobo do Vicedo, o sábado 11 de xullo, partindo ás 10h da Casa da Cultura, pasando por Arealonga, pontes sobre o Río Sor, Serantes, Valdesuso, Igrexa, Eiroá e Triscornia para rematar na Casa da Cultura. Durante o percorrido desfrutarase dunhas fermosas vistas sobre a ría desde lugares que nunca se percorreron nos mércores de natureza, polo que é unha boa oportunidade de descubrir recunchos case descoñecidos na zona. A inscrición é gratuita e está limitada a 20 participantes (salvo que se prorroguen as medidas do pasado domingo co que se limitaría a un total de 10). É obrigatorio inscribirse no 982 59 01 95.

Exit mobile version