Site icon Crónica3.com A Mariña

Suspendida a quinta Carreira Nocturna Burela Bonita por mor do coronavirus. Os organizadores xa buscan unha nova data para a súa celebración

 Burela, 9 de xullo de 2020. A quinta edición da carreira nocturna Burela Bonita, que se ía celebrar a finais deste mes de xullo, queda suspendida por mor da crise sanitaria orixinada polo coronavirus. Os organizadores buscan unha nova data para este ano para poder celebrar a carreira sen que supoña ningún perigo para a veciñanza.
Ramiro Fernández Rey, concelleiro de Deportes en Burela, declarou que “a situación que estamos a vivir obríganos a tomar novas medidas para asegurar a saúde dos nosos veciños e veciñas, por iso decidimos suspender e carreira Burela Bonita. Imos buscar unha nova data. A nosa maior ilusión é poder realizar a quinta edición este ano, pero ante todo está a seguridade da nosa xente. Temos que ser responsables e dar exemplo.”
O edil burelés engadiu que “de non poder celebrarse nas vindeiras semanas a V Carreira Burela Bonita quedaría posposta para o 2021”.
Burela enfróntase así un verán diferente, sen perder a esperanza e agarda poder celebrar a súa carreira Burela Bonita cando sexa posible e con todas as medidas de seguridade, tentando repetir os éxitos de participación de edicións anteriores.

Exit mobile version