Site icon Crónica3.com A Mariña

Trala mellora da sitaución sanitaria, O Concello de Xove actualiza as medidas adoptadas

Seguen pechados os espazos públicos deportivos (piscina, campos de fútbol, pavillón) e culturais (salón de actos) ata novo aviso. Ábrese ao público a Boleira de Sumoas, debido a que se trata dun espazo aberto e ao aire libre, con aforo reducido e uso obrigatorio de mascarilla. Abrese novamente ao público a Biblioteca Municipal, que vai permanecer aberta de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas, con aforo reducido e uso obrigatorio de mascarilla. Ademáis, ábrense ao público os 2 parques públicos de Xove e tamén o de Palmeiro.

Exit mobile version