Site icon Crónica3.com A Mariña

Valoración do PSdeG do resultado electoral na provincia

 Lugo, 12 de xullo de 2020. O candidato número 2 do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, Luis Álvarez, calificou os resultados na provincia como “insatisfactorios”. E agradeceu o compromiso dos máis de 28.000 lucenses que apoiaron o proxecto socialista nestas eleccións autonómicas.

Álvarez agradeceu a todos os votantes e a todos os militantes o traballo feito nestes dias, e tivo un recoñecemento especial para a Comarca da Mariña pola situación especial que están atravesando.

O candidato remarcou que o PSdeG de Lugo “impulsará medidas e propostas que contribúan a mellorar a calidade de vida de todos os lucenses. O Partido Socialista seguirá coa actitude do que somos, un partido de goberno, que dirixe moitos concellos e a Deputación de Lugo, así como o Goberno Central. De agora en diante quédanos seguir traballando para mellorar os resultados, que permitan que un goberno progresista chegue á Presidencia da Xunta”.

Exit mobile version