Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación deportivo cultural Praias de Comado, ven de facer entrega dun lote de Galletas Mariñeiras Daveiga ó Banco de alimentos do Concello de Barreiros

Esta asociación é a organizadora da Carreira popular da praias e das Carreiras Monte Comado, que se celebran no concello de Barreiros. A empresa chantadina Daveiga, aportara como colaboración para a Carreira este lote de galletas, pero ante a situación sanitaria e social actual provocada polo covid 19, o grupo organizador decidiu suspendela edición 2020. De mutuo acordo entre a empresa Daveiga, ADC Praias de Comado e o Concello, procedeuse a doar este lote para o Banco de alimentos, asistindo a este acto o concelleiro de dinamización e participación veciñal, a responsable do Banco de alimentos e membros da asociación organizadora.

Exit mobile version