A exposición itinerante, formada por 19 paneis, está producida polo CEIDA e INEGA (Instituto Enerxético de Galicia), coa colaboración da Consellería de Innovación e Industria (Xunta de Galicia), a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (Xunta de Galicia), o Ministerio de Medio Ambiente, a Alianza del Clima e a Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea.
Tal e como explicou Méndez, con esta mostra o que pretendemos é facer un chamamento á reflexión e promover e estimular no visitante comportamentos comprometidos co medio.
A subida do nivel do mar, as vagas de calor, tormentas, inundacións, …son algunhas das consecuencias, que por todo o planeta, provocará o cambio climático; e que se recollen dun xeito moi gráfico nesta mostra que pretende afondar nesta grave problemática ambiental e nas súas causas e consecuencias a nivel global, e especificamente en Galicia.