Site icon Crónica3.com A Mariña

A Casa da Cultura de San Cibrao acolle este xoves ás 20:30h a presentación do libro “Tratado sobre la extinción” de Javier Bolado

Na súa última obra o autor vasco aborda unha historia de suspense con tintes conspiranoicos, que viaxa a través de distintas cidades do mundo a un ritmo vertixinoso e remata confluíndo deixando atrás un regueiro de cadáveres. Para a Delegada de Cultura, Dolores García, “é un pracer poder acoller a presentación deste libro, pois no Concello de Cervo apostamos pola celebración de programas e actividades que teñen como fin a implicación lectora durante todo o ano”. A concelleira recalca tamén que para a celebración do evento se levarán a cabo todos os protocolos de hixiene e se tomarán todas as medidas seguridade para que o evento transcorra con normalidade.

Exit mobile version