O obxectivo do Goberno é “facer chegar de forma urxente liquidez” ao sector pesqueiro. Por eso, esta liña de axudas conta con “prazos acurtados ao máximo para asegurar a plena eficacia e efictividade da medida” e unha dotación de 30 millóns de euros.
A Delegación do Goberno destaca o compromiso do ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para impulsar esta medida. Trátase dunha iniciativa crucial para Galicia dada a importancia do sector da pesca na Comunidade.
Poden optar a estas axudas tanto persoas armadoras de buques pesqueiros coma persoas pescadoras que traballaran a bordo dun buque pesqueiro español afectado pola paralización. A condición é que houbera unha redución ou suspensión da actividade pesqueira de a lo menos dez días consecutivos entre o 16 de marzo e o 31 de maio.
Así está regulado no Real Decreto 703/2020, de 28 de xullo, que antecede á publicación de hoxe. Este texto explica que a liña de axudas está cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro (FEMP) e aborda as contías máximas.
No caso das persoas armadoras, esta está determinada por unha serie de baremos obxectivos. Para as persoas dedicadas á pesca, a contía máxima é de 50 euros por cada día de parada, tendo en conta os días laborables dende o 16 de marzo.
Esta medida enmárcase na aposta do Goberno por establecer un escudo social fronte á COVID-19. É a primeira vez que se aborda unha crisis con inxección de fondos en lugar de recortes. Vén a complementar outras medidas previas para combatir á falta de liquidez, como os ERTE, as axudas para persoas autónomas ou o Ingreso Mínimo Vital.